jueves, marzo 23, 2023

Calendario Laboral 2022 del Convenio Colectivo de derivados del cemento de Pontevedra y provincia

La jornada anual se fija en 1736 horas

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproba o calendario laboral do ano 2022, para o persoal da empresas do sector de DERIVADOS DO CEMENTO, con domicilio en Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, pola organización empresarial ASOCIACIÓN DE FABRICANTES DE DERIVADOS DO CEMENTO(ASFADECE) e da parte social, polas centrais sindicais CCOO, UGT e CIG, en data 12 de abril do 2022. Calendario Laboral 2022 del Convenio del cemento de Pontevedra.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 30 de maio do 2022.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Vigo, 31/05/2022.—A Xefa Territorial

CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE DERIVADOS
DO CEMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

COMISIÓN NEGOCIADORA 12/04/2022

En Vilagarcía de Arousa, nos locais de Comisións Obreiras, sendo as 12:00h do día 12 de abril de 2022, reúnese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do Sector de Derivados do Cemento da Provincia de Pontevedra.

Fixa unha xornada anual de 1736 horas e o apartado f), que fala de pactar un calendario laboral orientativo no convenio; Así mesmo, é preciso fixar no calendario para o ano 2022 un total de 9 dias festivos de convenio, dos que 6 se fixan por esta comisión, os 3 restantes, en caso de non terse desfrutado, serán fixados en cada empresa por acordo entre os traballadores ou traballadoras e a empresa.

Os días de exceso de axuste de xornada anual de convenio, remunerables para todas aquelas empresas que non dispoñan de calendario e traballen 40 horas das 48 horas semanais durante todo o ano e descansando os sábados seguintes a días festivos ou días de axuste de xornada (FC), os seguintes días:

31 de outubro
5, 7, 9, 23 e 30 de decembro

Os días de descanso retribuído, sinalados no apartado anterior, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos as necesidades das partes. Nos concellos en onde a festividade local coincida con día Non Laborable ou Festivos de Convenio por axuste de xornada, trasladarase o día laborable inmediatamente seguinte.

Para o susodito calendario laboral do ano 2022, e no caso de que á demora da súa publicación provoque que nalgunha empresa non se poida desfrutar de algún dos mencionados días de axuste de xornada (Festivos de Convenio), a empresa, previa negociación coa Representación Legal dos Traballadores/as ou a propia plantilla (en caso de non existir RLT), marcarán outra data para o seu desfrute.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 14:30h do día e lugar arriba indicados, do cal as partes dan fe coa súa sinatura.

Tabla de calendario

1424.png

Destacado

Ejecución forzosa de un Laudo de Consumo. Modelo de demanda

Ejecución forzosa de un Laudo de Consumo. ✓ Pedir la ejecución incluso si la otra parte ha presentado acción de anulación. Modelo de Demanda

Contrato de Arras: lo que debes saber y Modelos para Descargar

Contrato de Arras. ✓ Modelos para Descargar Actualizados 2023. Guia completa con todo lo que debes saber antes de firmar.

«Instamamis» e «Instapapis»: regulación de uso de la imagen de los hijos en RRSS

"Instamamis" e "Instapapis": Intimidad del menor. ✓ Los hijos podrían Denunciar a sus padres al alcanzar la mayoría de edad.

RRSS y menores: control parental cuando los padres están separados

Lo que debes saberEl Plan de Parentalidad debe adaptarse...

Lo más leido

Hacienda me reclama la exención de la indemnización por despido

Hacienda me reclama la exención de la indemnización por despido. ✓ Respuesta Abogado: ser contratado nuevamente por la misma empresa

Atribución de la vivienda en una separación sin hijos menores

¿Cómo se atribuye la vivienda en una separación sin hijos menores? ✓ Respuesta Abogado: interés del cónyuge más necesitado de protección

Acordar la atribución de la vivienda familiar en la separación

Mi exmujer y yo queremos acordar la atribución de la vivienda familiar en la separación. ✓ Respuesta Abogado: no vincula al órgano judicial

Soy dependienta en un Supermercado y me acusan de haber sustraído dinero de la caja

Si la carta de despido le acusa de haber cometido un delito, como un robo o apropiación indebida, podría interponer una querella por calumnias

¿El copropietario de un piso tiene derecho de tanteo?

Quisiera saber si el copropietario de un piso tiene derecho de tanteo pues mi hermano menor ha comunicado su intención de adquirir la vivienda