Logo de constituirse a comisión negociadora do Convenio Colectivo de Elaboración e Instalación de Piedra e mármore” da provincia da Coruña (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP núm. 245 o 26 de decembro de 2019), subscríbese con data 22 de decembro de 2021 o calendario laboral do ano 2022 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación con data 17 de febreiro de 2022. De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013). Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018). De acordo con todo o indicado, RESOLVO: A inscrición do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.A remisión do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación. A Coruña, 10 de marzo de 2022. A xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade Judit Fontela Baro ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA DATA: 22/12/2021 HORA: 16.00 h LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL: CC.OO. Ricardo Santos Reiriz CIG Eduardo Sebio Molguero UGT |
Santiago González Andión
POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:
- Marcos Zapata Díaz
- Francisco J. Rodríguez del Río
- Juan F. Pego Becerra
- Francisco Javier Rey Álvarez
As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2022. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DÚAS (1752) horas efectivas de traballo
A sinatura deste calendario e a súa xornada quedará supeditada ao recollido e acordado na futura negociación do Convenio da Pedra e Mármore da Provincia da Coruña.
Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2021 un total de 7 DÍAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que cinco se fixan por esta comisión. Os dous restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.
Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sen servicio un departamento ou servicio.
7 de xaneiro 16 de maio
5 de decembro 7 de decembro
9 de decembro
O calendario para o ano 2022 figura detallado no cadro anexo á presente acta.
Se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de festivo-convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.
O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.
Autorízase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos. E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.
Convenio Colectivo de Elaboración e Instalación de Piedra