O 3 de marzo de 2022 tivo entrada no REGCON a solicitude de inscrición e publicación do acordo, do 2 de marzo de 2022, de revisión da táboa salarial do ano 2021, no marco do convenio colectivo provincial de Pinturas da provincia da Coruña (código de convenio 15001185011981). A tramitación deste procedemento regúlase no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013). A titular desta Xefatura Territorial é competente para resolver a inscrición e publicación da táboa salarial de referencia, ao abeiro do disposto nos artigos 28 e 62.2 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 2563, do 17 de decembro de 2020). De acordo con todo o indicado, RESOLVO: Inscribir o acordo de revisión da táboa salarial do ano 2021 do convenio colectivo de Pinturas da provincia da Coruña, no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.Remitir o referido acordo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para a súa publicación. A Coruña, 24 de marzo de 2022. A xefa territorial de emprego e igualdade Judit Fontela Baró. ACTA COMISIÓN PARITARIA CONVENIO PINTURA – PROVINCIA DE A CORUÑA ASISTENTES Por APECCO: José Angel Brey Ferreiro César Prado Maceiras Miguel García Eiroa (secretario) Por CIG: Mario Maceiras Dosil Marcos Sánchez Branco |